File:Ponte do Bibei 5539.jpg

Original file(2,048 × 1,365 pixels, file size: 764 KB, MIME type: image/jpeg)

Commons-logo.svg This is a file from the Wikimedia Commons. The description on its description page there is shown below.
Commons is a freely licensed media file repository. You can help.
Description

Sitúase sobre o río Bibei, entre os municipios de Trives e Quiroga, no fondo dun canón polo que discorre o río. Foi construída para o paso da vía XVIII do Itinerarium Antonini de Braga a Astorga, coñecida como Via Nova. A súa orixe romana é evidenciada polas súas características construtivas e grazas aos testemuños epigráficas da época de construción. Foi reformada no século XIX con motivo das obras de corrección da estrada de Ponferrada a Ourense.

Esta ponte presenta tres arcos de medio punto sobre altos piares, con igual altura de clave nos tres, aínda que os laterais (6 e 9) son de menor luz có central (19 metros). Os dous piares son de planta rectangular e os seus espesores son lixeiramente distintos. Os tallamares teñen planta triangular e apuntadas augas arriba. Conserva en ambas as beiras muros de canalización. A calzada horizontal de seis metros de ancho conserva íntegra a súa admirábel cantería granítica, de fiadas iguais.

Esta ponte está ben cimentada sobre un afloramento de xisto. Na súa factura revélanse algunhas das características das pontes romanas: é unha ponte ancha (6,30 metros), ten fiadas alternas de perpiaño a soga e tizón e está realizado con cantería almofadada.

Nel vense os buratos para colocar os perpiaños na súa posición definitiva. Os apoios das cimbras e das estadas apóianse ben en tacos, ben en machinais. Aloxaban no seu interior as vigas de madeira que servían de apoio ás mencionadas cimbras ou estadas auxiliares de construción. Tamén son destacábeis un par de marcas de canteiro moi claras que representan varios numerais, ademais da representación dun falo inciso de carácter profiláctico.

Fonte: <a href="http://www.patrimonio.org/catalogo/ben.php?id=18&lg=gal" rel="nofollow">www.patrimonio.org/catalogo/ben.php?id=18&lg=gal</a>
Date
Source Flickr: IMG_5539
Author Álvaro Pérez Vilariño
Permission
(Reusing this file)
This image, which was originally posted to Flickr, was uploaded to Commons using Flickr upload bot on 6 November 2011, 16:37 by Glabb. On that date, it was confirmed to be licensed under the terms of the license indicated.
w:en:Creative Commons
attribution share alike
This file is licensed under the Creative Commons Attribution-Share Alike 2.0 Generic license.
You are free:
  • to share – to copy, distribute and transmit the work
  • to remix – to adapt the work
Under the following conditions:
  • attribution – You must give appropriate credit, provide a link to the license, and indicate if changes were made. You may do so in any reasonable manner, but not in any way that suggests the licensor endorses you or your use.
  • share alike – If you remix, transform, or build upon the material, you must distribute your contributions under the same or compatible license as the original.

Captions

Add a one-line explanation of what this file represents

Items portrayed in this file

depicts

18 April 2011

File history

Click on a date/time to view the file as it appeared at that time.

Date/TimeDimensionsUserComment
current09:37, 6 November 20112,048 × 1,365 (764 KB)Flickr upload botUploaded from http://flickr.com/photo/92249242@N00/5799248641 using Flickr upload bot

The following page uses this file:

Metadata